DESENVOLVEMOS A RUTA TRASLATIO

O pasado xoves día 9 de xuño o alumnado de 4º da ESO xunto con 4 profesores desenvolveron o tramo fluvial da Ruta Traslatio dende Catoira ata Pontecesures para despois continuar polo Camiño Portugués ata Santiago de Compostela.

A Ruta Traslatio é unha iniciativa que conmemora a chegada por mar a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago dende a cidade de Xerusalén. O  seu aspecto máis novidoso e peculiar desta ruta reside en que trátase dun tipo de peregrinase por mar que combínase con itinerarios terrestres onde o peregrino tamén pode gozar con outros lugares de interese dentro do Camiño de Santiago, sendo a única ruta marítima xacobea recoñecida oficialmente.

A primeira hora da mañá tomamos o catamarán para desenvovler o tramo marítimo-fluvial da Traslatio dende Catoira ata Pontecesures, podendo observar os últimos dos 17 cruceiros repartidos nas illas e ribeiras ao longo do percorrido Arousa-Ulla. Despois, tras desembarcar en Pontecesures, iniciamos o tramo do Camiño Portugués dende Pontecesures ata Santiago de Compostela. Unha xornada moi interesante e divertida pero tamén esixente xa que tivemos un intenso calor ao longo dos 28 km de roteiro.