SAÍDA PARA COÑECER A HISTORIA DA CONTORNA

O luns, 25 de setembro o alumnado da ESO do IES Xermán Ancochea de Pobra de Trives, realizou un roteiro,  xunto cun grupo de profesores, para visitar a Morrena de Chaguazoso e o val glaciar de Prada.  Todo isto foi supervisado polo departamento de Xeografía e Historia,  con explicacións da profesora Ana García Earley.