(Galego) Saímos na prensa!

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Boa días camiñantes!!

Hoxe compartimos con vós novas do periódico da comarca do Salnés, e non é para menos!!! O noso cole, o CEE de Vilagarcía de Arousa, tivo  no día de onte unhas xornadas de portas abertas. A prensa quixo vir a cubrir esta noticia e tomaron nota dos diferentes servizos que o colexio ofrece ao alumnado ( fisioterapeuta, comedor, auxiliar de enfermeiría…)

Pero cal foi a nosa sorpresa! Cando visitaron o lugar onde temos montado o noso «taller de traballo» de Educación Patrimonial, interesáronse moito por saber que estabamos a facer. Tanto lle gustou que decidiron incluilo dentro da reportaxe!!!

Aquí vos deixamos o enlace ao diario dixital e tamén unhas fotiños da prensa escrita para que fagades un pouquiño a boca auga.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/04/18/cole-especial-corazon-vilagarcia/1874872.html

 

López M. (Mércores,18 de abril de 2018). Un cole especial en el corazón de Vilagarcía. Faro de Vigo, pág.4.
Santaló M. (Mércores,18 de abril de 2018). Un centro preparado para ayudar al alumno en lo que más necesite. La Voz de Galicia, edición Arousa, pág.L4.