Unha maleta viaxeira para nós.

Esta vez non ides poder crer que máis argallamos estes días!

O Camiño ten de todo, todo, todo! E se algo lle falta… xa o pomos nós!!

Como sabedes, a nosa mascota Frida nos acompaña en todas as nosas andainas. Está tan contenta que nos quixo agasallar cunha maleta CHEA DE LIBROS!!!

Maleta viaxeira bibliotecas escolares: Camiño de Santiago.

 

Que vos parece??? A tod@s nos gustou e gozamos ao abrila, aínda que con uns poucos de nervios porque ao principio non sabiamos o que tiña dentro!

Cada un de nós escolleu o libro que máis lle gustou para levar para casa. Non foi tarefa doada porque había moitos: cómic, narrativa, poesía, lendas… Todo relacionado con Santiago de Compostela, o Camiño e o seu patrimonio.

Ao final, entre todos lemos un dos libros, sempre atentos aos consellos de Frida que polo de agora é a mascota máis molona que coñecemos.

Non sei que máis nos depara este Camiño, pero xa escoitei a un paxariño ( ou era unha avelaíña 😉) que isto polo de agora non rematou e que temos algunha que outra sorpresa máis que compartir con todos vós!

Estade atentos!!!😉😉

Ata entón….BO CAMIÑO!!!!