(Galego) Unveiling Europe’s fashion/descubrindo a moda europea

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Este curso o alumnado da EOI A Coruña dos niveis A2, B1, B2 e C2 participou nun proxecto eTwinning cos seguintes centros de Italia e Turquía: Campus Leonardo da Vinci (Umbertide), Bursa Erkek High School e Sehremini Anadolu Lisesi

«Unveiling Europe’s fashion» continuou a liña iniciada anteriormente con «Europa é moda para todos» e centrouse na moda como vínculo entre diferentes países. O principal obxectivo deste proxecto era promover o patrimonio cultural de cada país participante en relación coa cultura e os valores europeos comúns, explorando o papel da roupa e da moda nestas formacións culturais e ofrecendo novas perspectivas sobre moitos temas, como a economía, a sustentabilidade, a identidade e a educación.
O alumnado buscou e resaltou os aspectos máis importantes da cultura e da vida común do seu país. Tamén se fixaron nos vínculos comúns de cohesión entre o patrimonio cultural dos seus países e a cultura europea común. Participaron en actividades colaborativas de comunicación relacionadas co proxecto en grupos tanto nacionais como transnacionais.

O resultado final foi a creación dun xogo dixital interactivo Quizizz e Genially.