Visita a Santa María de Pesqueiras

O 10 de xuño os alumnos dos módulos II e IV da ESA do IES Lama das Quendas participaron nunha visita polo exterior da igrexa de Santa María de Pesqueiras (Chantada) co fin de valorar o patrimonio natural do espazo no que se asenta entre bosques centenarios e a riqueza artística do templo. Esta igrexa, próxima ao Camiño de Inverno, actualmente carece de culto, pois as malas condicións dos accesos e a construción dun novo templo deixaron en desuso esta xoia do románico que na antigüidade foi un mosteiro feminino da orde bieita. No interior aínda conserva pinturas do s. XVI. É de interese realizar a ruta circular de sendeirismo que discorre entre viñedos e soutos e apreciar o templo.