Visitas formativas ao Museo das Peregrinacións

Para preparar a nosa exposición visitamos a sede administrativa do Museo das Peregrinacións e de Santiago na Casa Gótica e a zona expositiva da Praza de Praterías. Un autentico luxo contar con todo o persoal do museo explicándonos as distintas partes do traballo expositivo e de conservación do noso patrimonio. Tamén aprendemos máis sobre o Tesouro de Recouso.