VOLUNTARIOS PARA A SOLIDARIEDADE NO CAMIÑO

O concello de A Rúa acolle un grupo de voluntarios dentro do programa Xacobeando. Son seis persoas voluntarias do Corpo Europeo da Solidariedade, de diferentes países de Europa (Letonia, Lituania, Grecia, Italia e España) con idades entre os 18 e os 30, que colaboran en accións de conservación e difusión dos roteiros de peregrinación a Santiago, neste caso o Camiño de Inverno.

Durante a súa estadía, estes voluntarios realizan actividades xunto cos alumnos do CEIP Manuel Respino en tres ámbitos: Camiño inclusivo; Camiño sostible e Camiño dixital. Deste xeito, axudados polo seu coordinador, colaboran en aspectos como a concienciación ambiental e a posta en valor do patrimonio cultural e natural; a creación de recursos dixitais sobre a experiencia no Camiño e o acompañamento e integración de grupos de persoas con necesidades especiais, entre outras.

Son moitos os seus obxectivos como promover a saúde, o estilo de vida saudable, a actividade física e o benestar; os comportamentos responsables e sostibles ao longo do Camiño; promocionar a participación cidadá dos mozos en xeral; desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre os mozos; fomentar o coñecemento e a relación con outras culturas distintas que conviven dentro dun mesmo marco de convivencia, Europa; traballar a interculturalidad; apoiar aos colectivos vulnerables que realizan o Camiño; impulsar o Camiño de Santiago como opción de turismo e mobilidade sostible e promover accións de concienciación ambiental e recuperación de espazos en diferentes tramos do Camiño, ademais da acollida dos peregrinos, entre outros moitos.