What about our playground? CEIP DOUTOR SUÁREZ. FORNELOS DE MONTES
O noso proxecto buscaba modificar o noso patio de xeito que fora máis activo, dinámico, integrador e inclusivo. Para iso, creamos un canal de Etwinning onde compartir recursos, actividades, dinámicas que nos axudaron a conseguir o noso obxetivo. Os xogos tradicionais de Galicia ocupan un lugar importantísimo dentro desde proxecto, como elemento propio da cultura galega que axuda a pasar o tempo libre dunha forma activa e saudable facendo de nexo interxeracional.

Se queredes coñecer máis do noso proxecto botádelle unha ollada o noso Twinspace:
https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/what-about-our-playground/twinspace
Tivemos como socios dous centros de Pontevedra, un de Sevilla e outro de Grecia. Grazas a isto, pudemos coñecer moitos recursos e actividades e xogos tradicionais de estas áreas xeográficas. Para coordinarnos e por en común estos xogos, primeiro fixemos unha investigación a través de enquisas e diferentes medios tal como podedes ver nas seguintes imaxes. Grazas a isto, os nenos e nenas puideron coñecer a que xogaban os seus avós e avoas. A continuación fixemos un gráfico para coñecer cales eran os xogos máis populares de Galicia naquela época. Por exemplo: petanca, canicas, trompo, mariola, elástico…
Despois veu a parte máis divertida do proceso, a xogar!
Fixemos varias xornadas nas que probábamos varios xogos e deportes populares e tradicionais de Galicia. Así, coñecemos o material necesario, as normas e o funcionamento básico para poder disfrutar destes xogos na hora de lecer.
Se queredes coñecer máis sobre esta fase do proxecto, facede “click” na seguinte ligazón:



O mellor foi disfrutar de estes xogos e coñecer o noso patrimonio sociocultural, acercando xeracións mediante o que máis nos gusta: XOGAR!



Para finalizar fixemos unha avaliación final utilizando un instrumento en forma de enquisa para todos os centros participantes no proxecto
para coñecer de primeira man que lles pareceron os xogos tradicionais galegos. E podemos concluir que…foi todo un éxito!