(Galego) O Barco con identidade de seu
O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa está situado na vila de O Barco de Valdeorras (Ourense).
Ano tras ano un dos obxectivos que nos marcamos é o de incrementar a calidade dos servizos que ofrecemos, tentando mellorar as nosas metodoloxías e artellando todas as actividades que vaian xurdindo, sexan de interese e se adapten ao alumnado e a contorna.
Deste xeito contribuimos a que o alumnado poida acceder ás distintas actividades en igualdade de condicións e a compensar a escasa oferta formativa e cultural.
Todos estes condicionantes fan que cando se nos brinda a oportunidade de participar en proxectos adaptados ao centro, como é o caso do Plan Proxecta na sua modalidade de Educacion Patrimonial: Mirando polo Camiño, demos un paso ao frente.
O proxecto que comezamos a implantar esta dirixido ao alumnado de 5º nivel de Educación Primaria e a temática xira entorno ao Camiño de Inverno, posto que unha das etapas do mesmo, concretamente a 3ª etapa, transcorre pola localidade na que está ubicado o centro educativo.
Baixo a perspectiva do “aprender facendo” e a convicción de que na actualidade a educación non se ciñe solo á escola, se non que pode suceder en calquera momento e encalquera lugar, o Camiño de Inverno ofrece múltiples posibilidades educativas, símbolo e pretexto para movilizar ao alumnado e ampliar as súas competencias dentro dunha proposta interdisciplinar, cooperativa, coeducativa, e sensibilizada co medio ambiente.
Unha das finalidades deste proxecto é achegar ao alumnado ao coñecemento deste fenómeno que forma parte da vida cotiá da comarca e poñer en alza o patrimonio cultural, literario e lingüístico da mesma, xa que ás veces non valoramos o Patrimonio máis
próximo polo simple feito de ser o que temos mais a man. A proximidade a elementos patrimonais fai que moitas veces non os vexamos como elementos extraordinarios da creatividade humana, senón como elementos habituais da nosa contorna, o que nos fai
perder a perspectiva.
A súa vez, tamén pretendemos concienciar ao resto Comunidade Educativa e á sociedade da vila en xeral da importancia que ten formar parte do Camiño de Santiago.
En base ao exposto con anterioridade consideramos que é a nosa obriga recoller o testigo, e pasalo as seguintes xeracións, igual ou mellor que o atopamos, continuando un camiñar que comezou alá polo século IX e nos deu forma a nós e a nosa terra.
Se nos queredes acompañar neste camiño podedes seguir o seguinte blogue: https://mirandopolocamino.blogspot.com/