(Galego) De xornadas sobre Educación Patrimonial.

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Moi boas,

Nesta tarde de sábado ides ter que darme permiso para deixar descansar aos nosos alumnos e darlles o protagonismo aos profes. O motivo? Pois a súa participación nas Xornadas sobre Educación Patrimonial. O feito é que os que poidemos asistir coincidimos no importante que é aportar o noso feedback, sobre todo por sermos o único CEE que participamos ( que nós sepamos).

Confesar que nos sentimos un pouco… os intrusos? Dende a perspectiva do enfocado que estivo cara alumnado de secundaria. Pero como todo é adaptable, pois sacamos moitas ideas 💡 e o luns esperamos poder comezar a traballar xa en algunha (e as iremos compartindo con vós).

Por outra banda, tamén consideramos a importancia que ten «empaparnos» de patrimonio a nivel persoal para poder transmitirllo ao alumnado e ás súas familias, e para nós foron moi positivas todas as intervencións, de todas aprendemos algo.

Incluso nos deron un agasallo para a nosa biblio, Frida quedou moi contenta!!!

   

Dende logo, non se pode dicir que fomos malas alumnas pois un dos  consellos que nos deron no itinerario por Santiago o levamos a cabo nada máis rematar as xornadas, e podemos afirmar que tomar un café sobre un dos cachiños da muralla nos encantou!!!

Esperamos volvernos ver nas próximas xornadas. Ata ese momento…

Bo Camiño!