(Galego) O Patrimonio dos tres camiños de Santiago en Ames no seu contexto global

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

A proposta deste curso consistiu en conectar o patrimonio de Ames con patrimonios similares noutros lugares do mundo, traballando o concepto de sincronía e globalidade. Para iso, centrámonos nos elementos considerados máis representativos ao longo do tempo, que xa identificamos nunha edición anterior do programa de Educación patrimonial, e relacionámolos con elementos da mesma época doutros lugares do mundo. Realizamos conexións con outras partes de Europa, pola proximidade histórica e cultural, mais tamén intentamos potenciar o coñecemento e relación con África, Asia, Oceanía e América, para evitar o eurocentrismo. Isto é aínda máis relevante tendo en conta o elevado número de alumnado que ten as súas raíces fóra de Ames.

Podedes consultar información sobre o traballo realizado pola rapazada premendo nesta ligazón que vos levará á sección de Educación patrimonial da Biblioteca Carlos Nieto do IESP de Ames e nesta ligazón que vos dirixiá ao póster que resume o traballo realizado durante este curso.