(Galego) O IESP de Ames sae a coñecer o patrimonio da súa contorna

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O día 13 de abril, os alumnos e alumnas do IES plurilingüe de Ames saímos a coñecer o patrimonio da nosa contorna da man do arqueólogo Mario César Vila.

A nosa viaxe no tempo comezou na Idade do Bronce coa visita ao petróglifo de Montecastelo, logo viaxamos aos inicios da Idade Media desprazándonos ata os restos da necrópole de Pedra do Home, continuamos na Idade Media pero xa máis avanzados no tempo percorrendo a ponte de Ponte Maceira que cruza o río Tambre como parte do camiño real de Santiago a Fisterra, e a nosa derradeira visita levounos a finais da Idade Media onde nos achegamos á vida militar nas Torres de Altamira.

Tamén tivemos a oportunidade de visitar elementos do noso patrimonio etnográfico tan coñecidos como os hórreos, os cruceiros ou os muíños de río, e vimos como na época actual se segue a mirar cara a Idade Media, como se pode ver nos elementos neo-medievais do pazo de Baladrón.

Unha mañá chea de aventuras. Xa temos ganas de volver saír!!