(Galego) ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS ARTESANAIS

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O 24 de maio visitounos na nosa Biblioteca, Xabier, da Fundación Legar. Esta fundación acaba de establecer un Museo no noso concello que ten como centro a «Música de Raíz». Esa música e eses instrumentos que formaron parte da nosa cultura e da nosa maneira de entender e de relacionarno co noso entorno. Neste caso Xabier explicounos o uso de varios instrumentos e elaborou, xunto ao alumnado de quinto e sexto de primaria, diferentes instrumentos elaborados con elementos da natureza. Foi unha interesantísima e creativa actividade. Encadrámola dentro do noso proxecto de centro “Un territorio Arte-san”.