(Galego) Way Watchers: Visita Castro de Formigueiros e Mosteiro de Samos

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Os «Vixiantes do Camiño» de 2° de ESO tiveron unha saída acompañados por José Carlos Sánchez, profesor de historia e Arqueoloxía da USC para visitar o Castro de Formigueiros e o Mosteiro de Samos, dentro do proxecto Mirando Polo Camiño do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
Os alumnos puideron comprobar como a pesares de ser un castro dos máis grandes de Galicia e pese ás distintas intervencións e escavacións, atópase agora nun estado de abandono total.
No mosteiro coñecimos a parte máis antiga e medieval da nosa contorna da man de Julia, que nos fixo unha visita súper didáctica e entretida. Con esta actividade damos por rematado o proxecto «Vixiantes do Camiño» por este curso.