(Galego) Coñecendo e transmitindo o patrimonio de Ames
No IES Plurilingüe de Ames rematamos o proxecto por este ano. Desde o proxecto inicial houbo algúns cambios e démoslle un papel protagonista ao patrimonio cultural inmaterial e a conservación e divulgación do patrimonio a través da radio escolar. Convidámosvos a botarlle un ollo ao que fixemos na sección de Educación Patrimonial da Biblioteca Carlos Nieto, do noso instituto.