(Galego) Preparando a nosa visita guiada, listos….XA!

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Ola camiñantes!

En dous días (o próximo 9 de maio) imos  ir á Illa de  Cortegada acompañados pola arqueóloga Sonia García. Fai xa algún tempo que nos puxemos en contacto con ela e orientounos  na forma de preparar a actividade para que chegado o día fose o máis enriquecedora posible, pois o noso alumnado ten dificultades co pensamento abstracto e queriamos que os contidos estivesen vistos de antemán.

Resulta que Sonia é unha formidable persoa e axudounos moito. Dámoslle as gracias hoxe polo que xa aprendemos e estamos esperando volver vela para que nos conte moitas cousiñas da Illa!

 

Planos das casas dalgúns dos nosos alumnos.

 

Xa vos contaremos máis detalles desta actividade tan globalizadora da nosa Ruta do mar de Arousa.

Bo camiño!!!