(Galego) I Roteiro polo Ames medieval
O día 21 de maio, os alumnos e alumnas de 2º ESO A, B, C da materia de Xeografía e Historia realizaron un percorrido polos diferentes elementos medievais espallados polo noso municipio e arredores.
O roteiro foi composto polos alumnos e alumnas como resultado da súa investigación sobre os elementos medievais localizados nas diferentes zonas onde eles viven; así, ademais de Ames, tamén visitamos algúns lugares de Brión, Calo, Negreira e Val do Dubra; e incluíu tanto o camiño portugués como o camiño Santiago- Muxía- Fisterra.
Os alumnos e alumnas foron os encargados de guiar a visita e explicar a importancia patrimonial e social dos diferentes elementos, así como de organizar xogos e adiviñas en relación coas distintas paradas. Os resultados da investigación e a localización dos diferentes elementos medievais pódense ver no museo virtual Kaleidoscape.
Queremos agradecer á ANPA do centro por ter financiado o autobús para a nosa viaxe. Grazas!
O vindeiro 28 de maio, realizarán o seu roteiro os alumnos de 2º ESO D, E e F.
