(Galego) 1ºSaida WayWatchers-Vixiantes do Camiño do CPR Plurilingüe La Merced

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Esta pasada semana o tempo permitíunos facer a nosa primeira saída de recoñecemento pola contorna do noso cole, que xustamente coincide co Camiño Francés. Fumos tomando nota das frechas que haberá que repintar, sinais que limpar e zonas polas que recoller lixo acumulado, sobre todo a partir deste mes de marzo no que moitos peregrinos comezan a facer o Camiño dende a nosa Vila. Este curso contamos cun numeroso grupo de WayWatchers de 2º de ESO para a actividade do plan Proxecta.