(Galego) VISITA AO INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (ILG)
O alumnado de 1º Bac leva traballado durante este curso na compilación de léxico da zona (Manzaneda, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Castro Caldelas e A Pobra de Trives), co obxectivo de detectar palabras de uso singular e variedades dialécticas propias que enriquecen a lingua galega, así como tamén recoller voces galegas en desuso ou que están sendo substituídas por voces castelás.
Como colofón desta actividade, a mañá do 16 de maio visitaron o Instituto da Lingua Galega (ILG), onde se leva a cabo unha intensa actividade investigadora nos eidos da lingüística e da filoloxía galegas. Alí realizaron unha xincana que lles deu a oportunidade de traballar con algunhas das súas ferramentas e aplicacións tecnolóxicas, como son o Tesouro Informatizado da Lingua Galega, o Dicionario de dicionarios ou o Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués.
Tamén compartiron experiencias con Antón Santamarina, unha das figuras máis representativas da Lingüística galega actual.
