(Galego) Experiencias procesuais en 1º da ESO
As experiencias procesuais son accións abertas no tempo, é decir, lévanse a cabo durante varias sesións e mantéñense activas durante todo o curso, de tal maneira que o alumnado poida continuar a súa investigación e incorporar os seus logros paulatinamente (1)
Con esta cita entendemos a metodoloxía de traballo que estamos a realizar co grupo de 1º ESO A, arredor do Plan Proxecta.
Tras falar coa institución e formular liñas de traballo conxuntas, escollimos certas obras da colección que nos permitisen afondar en conceptos como a identidade, pertenza, territorio etc
Proponse ao alumnado diferentes marcos de traballo que xiran en torno a unha obra.
Cando damos por rematada esa proposta, a expoñemos no noso mural de traballo conxunto e continuamos coa seguinte.
Todo é realizado polo alumnado. Ás veces, pasan cousas como que o papel queda mal colocado na parede, pero eles buscan a maneira de solucionalo. Pode que quede enrugado un pouco no resultado final, pero eles organizáronse para poñelo.
Deste xeito, o espazo do aula convértese no terceiro educador, atendendo a Malaguzzi. Desterrando a idea de decorar, propoñemos un mural de traballo procesual onde as propias produccións dos alumnos e alumnas son as protagonistas.
Durante a vivencia de todo este proceso tentamos definir que é un museo, cales son as súas funcións. Descubrimos o Museo de Belas Artes da Coruña. Coñecemos, grazas á súa colección tradicións, herdanzas propias á nosa cultura, que en moitos casos, son descoñecidas polo propio alumnado. Afondamos en problemáticas propias da sociedade actual, emigración, saúde mental, diversidade etc
En definitiva, fusionamos teoría e práctica a través de formas de facer abertas.

(1)Extraído do libro Educar a través da arte. Vicente Blanco e Salvador Cidrás. Editorial Kalandraka.