(Galego) As familias e o patrimonio

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto.

No inicio, foi o alumnado de 1º de ESO o que traballou para investigar sobre os insectos. Logo, tomaron o relevo, apoiados neles, o alumnado de 2º de ESO, que se encargou do deseño e construción da maior parte do noso Hotel de Insectos. Por último, foi precisa a colaboración do grupo de FPBásica coa instalación da lousa no tellado e do propio hotel na contorna natural do instituto. Non podemos esquecer a colaboración inestimable do alumnado CNEAE, Óscar e Roxana, que crearon mini hoteis de insectos e, coa intención de convidar outros nenos doutros centros, crearon un titorial e un taboleiro colaborativo de participación.

Durante o proceso foi interesante a colaboración das familias, especialmente, temos que destacar a presencia de Luís, tío do noso alumno Xoel, de 2º de ESO, que deu unha masterclass de lousado para o alumnado de FPBásica que finalizou co traballo completo!

Anímate e colabora, se queres, na invitación á creación dun minihotel de insectos.