DISCOVER OURENSE WITH MARTIÑO

Desta vez, as alummas de 1ºB do Ciclo Superior de Educación Infantil adentráronse nunha marabillosa viaxe polo casco vello da cidade de Ourense, cidade que parte en dúas o Río Miño. Este río ó seu paso pola Ribeira Sacra, ofrece un paisaxe apacible de bosques caducifolios alternados con pequenas e numerosas extensións de viñedos.

Como parte do Proxecta de Patrimonio, traballamos en colaboración ca Oficina de Turismo de Ourense, para desarrollar unha actividade que lles permitise ás alumnas coñecer máis a fondo a historia do casco vello da cidade. O obxectivo era aprender máis sobre unha das principais cidades polas que pasa o Río Miño, que tanta fama leva e sobre o cal oito pontes se levantan de beira a beira.

A actividade consistía en facer un roteiro pola zona vella de Ourense, seguindo un mapa proporcionado pola Oficina de Turismo, e ir descubrindo as localizacións do León de San Martiño nas distintas edificacións do casco vello.
Con moita enerxía, comezamos o noso percorrido na Oficina de Turismo, onde puidemos observar o primeiro León na parede.
Despois, seguimos cara a praza do Eironciño dos Cabaleiros, onde atopamos o segundo nun cruceiro.
En terceiro lugar, achegámonos á fonte da Praza do Ferro, para visualizar catro Leóns na súa taza central.
A continuación, traspasamos a pé a Rúa Lepanto ata chegar o Nº10, onde o León Sotelo agardaba na fachada.
De ahí pasamos á Rúa Xoán de Austria, onde se atopa unha das entradas da Catedral de Ourense. Aquí costounos moito atopalo… pero finalmente conseguímolo! Ó carón dunha serea.
Da Catedral movímonos á Praza dos Suaves (sí, sí, liches ben, dos Suaves!!) Aquí Martiño fixo trampas… non era un León, senón un gato!

A seguinte parada foi a Praza do Trigo, onde vimos outra porta da Catedral e o León nun do seus arcos.

Pasamos pola Iglesia de Santa María Nai, e alargando moito moito o pescozo, conseguimos atopar o oitavo León. Casi casi enriba de todo.

A estas alturas xa estabamos na Praza Maior, no Concello de Ourense. Aquí o León aparecía por todas partes! Nos balcóns, nas fiestras…

Da Praza Maior fumos á Praza de San Marcial, onde unha antiga Panadería enchía a rúa cun cheiro ben rico. Foi ahí mesmo onde atopamos o duodécimo León!

Case rematando, chegamos ás Burgas. Ese lugar onde todo comezou. Augas quentes e unha historia incrible. Na fonte principal, estaba Martiño.

Finalmente, chegamos á Praza de Abastos. Aquí rematamos roteiro, atopando o décimosegundo León no escudo da fachada.

Foi unha saída divertídisima, chea de risas e anécdotas.

Como proxecto final, as alumnas de 1ºB do Ciclo Superior de Educación Infantil tiveron que traducir ó inglés o Mapa do Roteiro. Aquí vos deixo a versión final, mantivemos o formato orixinal do proporcionado pola Oficina de Turismo! 🙂