Euroheroes of our time- EOI A Coruña

Euroheroes of our time foi un proxecto eTwinning sobre a preservación do noso patrimonio que implicou actividades de colaboración e produción de material sobre diversos aspectos dos países participantes. O obxectivo principal deste proxecto era comprender a importancia da acción humana para resolver problemas comúns europeos e preservar o noso patrimonio e medio ambiente comúns en Europa. O alumnado reflexionou sobre a figura do heroe na cultura e na sociedade e a súa evolución no tempo. Tamén se centrou en como resolver problemas e, finalmente, pediuselles que asumiran o papel de heroes para preservar, difundir e promover a súa cultura local nun marco europeo.