(Galego) Europe is fashion for all- EOI A Coruña

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Neste curso estamos levando a cabo o proxecto EUROPE IS FASHION FOR ALL  cos seguintes centros:

TURQUÍA

Bursa Erkek Lisesi
Şehremini Anadolu Lisesi, Fatih, Turkey İstanbul
İstanbulloğlu Social Sciences High School, Balıkesir -Türkiye

Gazi Anadolu Lisesi, Ankara / Türkiye

FRANCIA:

Lycée polyvalent Louise Michel,Nanterre, France Ile-de-France
Lycée Edouard Herriot,Sainte-Savine, France Champagne-Ardenne
Lycée polyvalent Paul Langevin, Saint Genevieve Des Bois, France, Ile-de-France

ITALIA:

Campus «Leonardo da Vinci»

ESPAÑA:

IES Palomeras-Vallecas

San Vicente de Paul Cartagena

EUROPE IS FASHION FOR ALL

 

A idea principal é que a moda actúa como embaixadora dos valores europeos, como a cultura, a creatividade, a innovación e a artesanía. O obxectivo deste proxecto é promover o patrimonio cultural de cada país participante en relación coa cultura e os valores comúns europeos explorando o papel da vestimenta e a moda e ofrecer novas perspectivas sobre moitas cuestións, como o patrimonio, o e identidades colectivas, políticas de sustentabilidade e medio ambiente, saúde, xénero, accesibilidade e diversidade cultural da moda. O alumnado buscará e destacará os aspectos máis importantes da cultura do seu país. Ao mesmo tempo, explorarán aspectos da historia e da vida cotiá que reflicten importantes valores europeos. Tamén buscarán vínculos comúns de cohesión entre o patrimonio cultural dos seus países e a cultura común europea. Participarán en actividades de comunicación colaborativa referidas ao proxecto tanto en grupos nacionais como transnacionais.