(Galego) HERBARIO CON PRANTAS DA CONTORNA

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O xoves 22 de abril o alumnado de 1º de F.P. Básica xunto coa súa profesora, María Miguélez, e coa orientación de Ledicia Santos, do Departamento de Bioloxía, fixeron un percorrido polo «Patrimonio Natural de Trives na Ribeira Sacra.

Foi unha saída á contorna para a recollida de plantas e follas para iniciar un herbario da área da Ribeira Sacra en Trives. Esta actividade está incluída entre as planificadas no Plan Proxecta de Educación  Patrimonial.

O  alumnado quedou sorprendido do potencial, da beleza e diversidade que descubriron no lugar en que viven.