(Galego) «Freixo, patrimonio mineiro da Ribeira Sacra». Enquisas do alumnado e entrevista a Edgar Amando Cloos»
“Freixo, patrimonio mineiro da Ribeira Sacra” é o proxecto no que o alumnado de 3º ESO do IES Rio Cabe de Monforte de Lemos está a traballar no presente curso 2024-2025.
No mes de novembro comezamos facendo os grupos pero, curiosamente este curso por primeira vez, non todo o alumnado quixo participar. Antes de nada os profesores implicados neste traballo pasamos unha enquisa sinxeliña a todo o alumnado de 3º ESO para ver o grao de coñecemento que tiñan sobre o tema, con preguntas como: “Soanche as minas de Freixo? “Sabes en que concello están?”, “Que mineral se extraía delas?”, «A que se refire o termo Buxa”?). Agás dous alumnos que viven cerca, os restantes 49 alumnos non sabían da súa existencia.
A finais de xaneiro, unha vez investigado sobre as minas, esa mesma enquisa fíxooa o alumnado de 3º ESO aos seus compañeiros doutros cursos da ESO e Baharelato e tamén ao profesorado. As respostas, un ano máis, axudounos a ver a necesidade de facer este estudo xa que das 183 enquisas realizadas, só tres alumnos e cinco profesores sabían en que concello estaban as minas de Freixo e que mineral se extraía, pero á pregunta de que é Buxa ninguén a soubo responder.
Ao longo do mes de febreiro, ao mesmo tempo que ían realizando o traballo que terán que entregar a mediados de maio, tamén elaboraron as preguntas para facer unha entrevista a Edgar Amando Cloos, neto do enxeñeiro alemán que dirixiu a explotación das minas de Freixo e Presidente da Audiencia Provincial de Lugo ata a súa xubilación en 2023. A actividade realizouse no mes de marzo e gustou moito, conseguindo manter a atención do alumnado en todo momento (a forma de explicar do entrevistado, a claridade e o ameno das respostas, axudou moito). Enlace á páxina web do centro; para visualizar a entrevista premer en entrevista: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2399
Fotos: alumnos/as realizando as enquisas a outros cursos…
 
  
… analizando as enquisas:
 
  
… entrevistando a Edgar Amando Kloos:
 
   