(Galego) O Concello reúnese con representantes dos sectores social e cultural para presentarlles o “Camiño da Ría de Muros – Noia”

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O alumnado de 4º de Primaria de Agro do Muíño estuda o camiño ao seu paso por Ames

Acudiron tamén á reunión o secretario do colexio A Maia, Francisco López, e a directora do CEIP  Agro do Muíño Carmen Liñares. Precisamente neste centro educativo, o alumnado de 4º de Primaria está desenvolvendo un traballo sobre a riqueza patrimonial, toponímica e medioambiental deste tramo do Camiño, traballo no que, segundo destacou Carmen Liñares, están moi implicadas as familias dos alumnos e alumnas que “deron conta de canto sabían, foron facer fotos e ofreceron unha información absolutamente valiosa para o traballo”. Liñares anunciou que á volta das vacacións de primavera teñan previsto facer dúas saídas para percorrer o tramo do Camiño que vai de Ames a Compostela.

O concelleiro de Turismo Manuel Lens amosou a súa satisfacción pola boa resposta que tivo a xuntanza: “É moi de valorar o interese que está a suscitar esta nova ruta xacobea que pasa por Ames entre os sectores que a van coñecendo; desta volta presentámoslla ao sector da cultura e ao tecido social, axentes imprescindibles para o bo desenvolvemento do proxecto, e é toda unha satisfacción as propostas e ideas aportadas”. Lens engade que “gustaríame agradecer o traballo que están a facer no colexio Agro do Muíño, que sirve de base para implicar ás familias no desenvolvemento e difusión da ruta entre a poboación de Ames”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Natividade González, amosou o seu apoio ao proxecto, salientando a presenza do mundo da cultura no desenvolvemento da ruta: “se ben o camiño pode poñer en valor a riqueza cultural do concello, tamén pode ser un acicate para que nazan novos proxectos e actividades culturais ao seu abrigo”.

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/o-concello-reunese-con-representantes-dos-sectores-social-e-cultural-para-presentarlles-o