(Galego) O TEU PASADO, O MEU PRESENTE

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Coa chegada do segundo trimestre, entramos nunha fase máis experimental e manipulativa do proxecto, acompañada da actividade científica e de investigación que nos acompañou dende o comezo da aventura. Neste senso, eliximos as primeiras manifestacións patrimoniais obxecto de estudo:

  • Patrimonio natural: a Castiñeira centenaria de Ramil.
  • Patrimonio Histórico: o Camiño Real do Oribio.
  • Patrimonio Cultural – Lingüístico: o Apalpador.
  • Patrimonio Arquitectónico – Arqueolóxico: a Cova Eirós.

Para cada unha das seguintes manifestacións patrimoniais, establécense as seguinte secuencias para o seu traballo:

1º. Busca e información sobre a manifestación patrimonial.

2º. Elaborar unha listaxe cos materiais cos que se vai elaborar a maqueta e reunilos.

3º. Elaboración da maqueta tendo en conta o investigado.

4º. Elaboración da tarxeta de información sintetizando os datos máis importantes da manifestación (obtidos na busca de información inicial).

 

Como actividade complementaria, realizouse o vídeo «A riqueza da montaña», un pequeno resumo audiovisual onde se amosa o valor patrimonial do Concello triacastelá así como exemplos das manifestacións patrimoniais que forman as estancias do museo.https://youtu.be/fyiQUdVRZU0?si=eNd26iF-1YwcyafA