(Galego) Obradoiro de Colar de Zonchos
O alumnado de infantil está inmerso no proxecto do centro Quiroga:Territorio ARTE-SAN, centrándose nestas derradeiras semanas nun produto tan típico da nosa contorna como é a castaña e nunha tradición case perdida. Contamos coa visita dos artesáns de Caurelor cos que fixemos un obradoiro de colares de zonchos, nome co que se denomina ás castañas cocidas. Ensináronnos esta marabillosa tradición que se está a perder e contáronnos a lenda que as envolve, como amuletos protectores fronte aos espíritos da noite de Samaín.
