(Galego) Olería e mosteiro nas nosas aulas_CPI Antonio Faílde

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

No CPI Antonio Faílde de Cambeo, na materia de Matemáticas Académicas, a situación provocada polo COVID-19 trastocou os nosos plans:

RELOXOS SOLARES

Ao longo da Historia, os distintos aparellos van xurdindo para resolver ou facilitar as diversas necesidades do ser humano. Un exemplo  é a medición do tempo recurrindo ao astro rei. A Trigonometría permítenos relacionar amplitudes angulares con distancias solucionando así o cálculo das horas en función do ángulo de posición do Sol.

No Mosteiro Cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo hai mostras de diferentes reloxos solares que serven ao alumnado de 4º de ESO para ver a aplicación das teorías matemáticas.