(Galego) xeometría e morfoloxía dos faros

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O alumnado de 2ºda ESO traballou deseñando e construíndo unha estructura cun mecanismo de transmisión e movemento e un sistema eléctrico simulando o funcionamento dun faro.

  • Os grupos fan búsqueda de información sobre o tema a tratar, e toman a decisión do faro que van construir.

  • Con varillas de papel comezan a elaborar a estrutura, seguindo o deseño previamente realizado. Traballamos a triangulación e as escalas.

  • Unha vez finalizada a estructura, engaden un sistema de transmisión de movemento de xeito que a rotación do motor se transmite a un eixe cunha reducción da velocidade de rotación.

  • A continuación, instalase un sistema eléctrico que serve para alimentar a lámpada na parte superior do faro dende a fonte de alimentación situada na parte baixa.