(Galego) Preparando a nosa visita guiada, listos….XA!
Ola camiñantes!
En dous días (o próximo 9 de maio) imos ir á Illa de Cortegada acompañados pola arqueóloga Sonia García. Fai xa algún tempo que nos puxemos en contacto con ela e orientounos na forma de preparar a actividade para que chegado o día fose o máis enriquecedora posible, pois o noso alumnado ten dificultades co pensamento abstracto e queriamos que os contidos estivesen vistos de antemán.
Resulta que Sonia é unha formidable persoa e axudounos moito. Dámoslle as gracias hoxe polo que xa aprendemos e estamos esperando volver vela para que nos conte moitas cousiñas da Illa!

Xa vos contaremos máis detalles desta actividade tan globalizadora da nosa Ruta do mar de Arousa.
Bo camiño!!!