(Galego) Saímos de ruta pola Ruta

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Ola camiñantes,

Hoxe queremos compartir con vós algunhas cousiñas máis…

Imos presentarvos un novo membro do Plan Proxecta (xa sabemos que despois de novembro xa non nos dan permiso, pero que lle imos facer). Chámase Frida e leva acompañándonos en busca de bens culturais dende fai xa unhas cantas semanas. O motivo?? O desenvolvemento do noso proxecto gustou moito no noso cole e a biblio quixo subirse ao carro, quero decir… quixo camiñar con nós 😄

Frida, mascota do centro, visitando Sanxenxo, concello que forma parte da Ruta do mar de Arousa e o río Ulla.

 

O noso P.D.I enmárcase dentro do Proxecta. Así  traballaremos en conxunto, dende unha visión integradora co resto da comunidade educativa, o coñecemento do patrimonio da nosa contorna inmediata e intentaremos que contribúan á súa conservación, así como á difusión e a proposta de estratexias de recoñecemento público e promoción.

A actividade estrela desta semana foi ir á procura de frechas amarelas, do patrimonio e de novas aprendizaxes por diferentes concellos que forman parte da «Nosa Ruta».

       

Comezamos no concello de Sanxenxo (Madama e Capela da Lanzada), despois fomos ata O Grove onde visitamos a Illa da Toxa; seguimos ata Meis (Armenteira e Ruta da Pedra e da Auga) e finalmente Cambados (Pazo de Fefiñáns).


Xa sabemos que nos queda moito por percorrer neste Camiño, pero xa o di o dito «pasiño a pasiño, ándase o Camiño». 

Nesta ocasión xa nos vos contamos nada máis, pero vémonos pronto, temos moitas cousas que compartir!!!

BO CAMIÑO!