(Galego) Traballamos o noso patrimonio cultural inmaterial: as cantigas

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Durante o mes de maio traballamos arredor da tradición oral da nosa zona como parte do patrimonio. Nesta ocasión aproveitamos a visita de Celia Díaz que veu falarnos da súa nova obra «A avoa canta como a cotovía». Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa avoa enferma de Alzheimer e como a música, as cantigas tradicionais, aledan a súa vida.
Foi fantástico cantar todos xuntos cantigas tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural.
Si, foi realmente emocionante.
En definitiva, pódese afirmar que: » As nosas rapazas e rapaces cantan como a cotovía».
Semanas despois visitamos o Centro de Día do noso concello onde fixemos un encontro interxeracional cos seus usuarios e usuarias e cantamos xuntos parte destas cantigas.