(Galego) Valuable land no CPI Castro Baxoi
O alumnado de 3º EP do CPI Castro Baxoi de Miño está a desenvolver este curso un proxecto europeo eTwinning titulado: “ Valuable land”, que busca dar a coñecer e por en valor o noso patrimonio material e inmaterial.
Concretamente este ano centramos a nosa investigación nos muíños de auga e de vento do concello de Miño: Os muiños do río do medio de Callobre, o muiño de vento do Boucelo de Bemantes e os da fraga do Xarío. Dentro deste contexto fixemos unha recollida de cancións tradicionais relativas aos muiños, atopando nas receitas do pan un nexo de unión cos nosos socios europeos. Así aprendemos como se fai o pan en Francia, Polonia e Turquía, o que nos permitiu ademáis coñecer unha grande parte do seu patrimonio tradicional, observando que temos moito en común.
Con Valuable land, o CPI Castro Baxoi afianza a súa aposta polos proxectos eTwinning converténdose nun exemplo de como a escola pode ser ponte entre culturas e territorios baseándose no pasado para poder construir un futuro respetuoso coas identidades de cada pobo.
