(Galego) Visita a Santa María de Nogueira

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O 27 de maio os alumnos/as dos módulos II e IV da ESA do IES Lama das Quendas participaron nunha visita polo interior e exterior da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) próxima ao Camiño de Inverno e coñecida como “A capela Sixtina da Ribeira Sacra”. Este título foille concedido despois de que nunha restauración recente aparecesen pinturas murais de gran calidade e interese, sendo nalgúns aspectos, como as gamas cromáticas, singulares. A explicación do proceso de restauración e do simbolismo das pinturas, que datan do s. XVI, correu a cargo da empresa que se encargou do laborioso traballo de recuperación desas imaxes, Crea restauración, que durante varios anos estiveron traballando en campañas de varios meses para poder sacalas á luz e conservalas, evitando que se deteriorasen e perdesen, como foi o caso do Inferno, un espazo que estaría representado e que obras realizadas nos últimos séculos fixeron que se perdese para sempre. É de interese destacar o poder económico da zona entre os séculos XV e XVI, pois confirmouse que nun lapso de tempo de 500 anos a igrexa contou con cinco capas de pinturas diferentes.

O exterior do templo foinos explicado polo sancristán seu sancristán, Toño, que o abre diariamente para visitas en horario de mañá e tarde. O seu saber, as curiosidades e o cariño polo patrimonio fóronnos contaxiados a todos os/as visitantes.

Finalmente, tivemos a oportunidade única de poder coñecer de primeira man, grazas a Crea restauración, como se elaboraba o morteiro sobre o que se facían as pinturas murais. Unha actividade inesquecible que nos axudou a apreciar o inmenso traballo de creación dun patrimonio que moitas veces non é valorado ou que cae no esquecemento.