(Galego) VISITA AO RECTORAL DE GUNDIVÓS
O pasado venres o alumnado do primeiro ciclo visitou a Reitoral de Gundivós, onde Elias ensinoulles o proceso de elaboración artesanal da olaría da zona. Foi unha actividade moi interesante na que o alumnado quedou marabillado de ver como o alfareiro elaboraba as pezas no seu torno.
