A arquitecta Cristina Ansede visitará o IES Francisco Asorey de Cambados para explicarlles aos alumnos de 1º e 2º da ESO o seu traballo como arquitecta adicada á rehabilitación de edificios históricos e a súa experiencia como responsable dos traballos de restauración das cubertas do Pazo de Fefiñans, que destacou polo esforzo realizado para conservar ...
O alumnado do IES de Ames visitará a capela de San Xoán de Pousada en Ames e o Pazo de Antequeira en Rois o día 3 de abril, nunha actividade didáctica guiada polo arquitecto Juan Barcala, que dirixiu os traballos de restauración realizados en ámbolosdous edificios. Participarán 38 alumnos e alumnas de 3 de ESO ...
Este ano o XI Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial terá lugar entre o 27 de maio e o 1 de xuño nas sedes de Madrid e Santiago de Compostela. Por ser anfitriona nesta ocasión, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá levar dous representantes. Recordade que deben ser alumnos/as de idades entre 13 e 15 anos. ...
Esta modalidade de participación no programa de Educación Patrimonial está promovida e coordinada pola Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar-Museo ANFACO. A finalidade é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio industrial dentro do ámbito dos traballos marítimo-pesqueiros, isto é, o patrimonio industrial vinculado á transformación dos produtos do mar. Trátase ...
Con motivo da declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural e o impulso da candidatura para a declaración de Patrimonio da Humanidade, o curso pasado inaugurábase unha modalidade de participación no programa de Educación Patrimonial denominada “Patrimonio etnolóxico na Ribeira Sacra”, coa intención de promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio ...
“Mirando polo Camiño” é unha das tres modalidades de participación no programa “Educación Patrimonial” e pretende promover o traballo de xeito contextualizado sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado. Está está destinada a centros que se encontren en concellos polos que ...
O 20 de xuño, os alumnos do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía fixeron, xunto coa arqueóloga que está realizando os traballos de documentación para o Plan Director da Colexiata de Xunqueira, Sonia García Rodríguez, unha actividade didáctica sobre patrimonio que comezou coa visita á escavación no xacemento de Outeiro do Castro. A actividade ...
O arquitecto Ricardo Varela desenvolveu unha actividade didáctica cos alumn@s e profesoras do CPI Plurilingue de Vedra sobre un elemento do patrimonio cultural moitas veces esquecido, pero cun gran valor documental: os xardíns históricos. Ricardo Varela visitou o 4 de maio o centro para explicarlles aos alumn@s o valor patrimonial dos xardíns históricos e a ...
O 9 de maio @s alumn@s do CEE de Vilagarcía xunto coa arqueóloga Sonia García visitaron a illa de Cortegada onde, disfrutaron dunha fructífera experiencia. A illa de Cortegada, que hoxe forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, estivo habitada ata que, a principios do século XX, pensouse en construir a residencia de verán ...