A nosa credencial
Moi boas camiñantes!
Imos compartir con vós outra das actividades que realizamos!! Se vos fixades ben… cando fomos “de ruta pola Ruta”… todos nós levavamos na man o mesmo: a nosa credencial!!!!

Non é para menos, todo bo peregrino leva nas súas mans unha credencial. Na nosa incluimos parte de patrimonio que iamos visitar na excursión e tamén patrimonio que podemos visitar noutros concellos polos que pasa a nosa Ruta, e que ainda que nós non poderemos achegarmos ata toooodos os lugares, as familias si o poden facer (e nos consta que o están a facer), e Frida, a nosa mascota, vainos selando a credencial!!
Imos facendo o traballo pasiño a pasiño. Mirade que ben o facemos e que concentrados estamos todos xuntos traballando:

Polo de agora non o rematamos e temos moito que camiñar de aquí ata final de curso, pero mirade que ben imos:

Espero que bos gustara… a nós parécenos unha cucada!
Ata a próxima e…
Bo camiño!!!!