A partires da nosa Expo, reflexionamos sobre as razóns para conservar e difundir o noso patrimonio. Tamén aprendemos a afrontar situacións distintas cando presentamos o noso material ao resto. Moi interesante. Con esta actividade damos por rematado o proxecto. Toda a información do mesmo nesta ligazón.
Chegou o día. 22 de marzo de 2022. Día Mundial da Auga. Inauguramos a nosa expo con moitos nervios e traballos de última hora. Todas as imaxes, aquí.
Para preparar a nosa exposición visitamos a sede administrativa do Museo das Peregrinacións e de Santiago na Casa Gótica e a zona expositiva da Praza de Praterías. Un autentico luxo contar con todo o persoal do museo explicándonos as distintas partes do traballo expositivo e de conservación do noso patrimonio. Tamén aprendemos máis sobre o ...
Durante este curso pretendemos aprender máis sobre o noso patrimonio e como conservalo e expoñelo. Durante o pasado curso inauguramos o Espazo Pendelouque, un humilde recuncho expositivo etnográfico e arqueolóxico con pezas na súa maioría pertencentes ao historiador Manuel Pazos e en colaboración co Concello de Oroso. Chamámoslle así porque unhas das pezas máis recoñecibles ...
Eleximos a temática do Mar para este proxecto por resultar coincidente co tema central da Semana Cultural que celebramos no IES dende ós derradeiros cursos académicos. Ainda que, baixo enfoques plásticos e artísticos, a partir do estudio de obras de arte conservadas no Museo de Belas Artes de A Coruña, así como dos oficios do mar. Dito proxecto ...
No segundo trimestre do curso, dende a materia de Iniciativa emprendedora o alumnado comezou a traballar en seis proxectos de pequenas empresas locais que darían resposta algunhas das necesidades actuais do forno do cal. Partiuse da localización na contorna e da valoración do seu estado para as propostas dos distintos sectores: conservación e posta en ...
Un feito azaroso orixina no comezo do ano 2017 o proxecto do Forno do Cal de San Adrián, froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico (Ribadavia) e do CPI Toural (Vilaboa) de colaborar nun plan de estudo e recuperación do citado ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade escolar, ofrecéndolle ao alumnado a posibilidade de ...