CALENDARIO ESCOLAR CPI O PROGRESO 2021-2022

28. Xaneiro 2022
Aquí deixámosvos algunhas imaxes do calendario escolar 2021-2022 do CPI O Progreso. Como comentamos na entrada anterior durante o primeiro trimestre todos os grupos do centro realizaron algún tipo de mural, colaxe, etc. relacionado co Camiño de Santiago, a modo de introducción ao noso proxecto.

COÑECENDO A RUTA TRASLATIO. CPI O PROGRESO DE CATOIRA

28. Xaneiro 2022
A través deste proxecto preténdese traballar co alumnado de maneira contextualizada sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado, no noso caso a ruta do mar de Arousa ou ruta da Traslatio. A Ruta Traslatio é un fermoso percorrido espiritual que foi ...

2ª etapa do noso proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

18. Xaneiro 2022
Nos meses de novembro e decembro realizamos a 2ª Etapa do noso  proxecto, a da “Solidariedade”, na que tíñamos como obxectivo recopilar 500 quilos e 500 litros de alimentos na “Operación Quilo-Litro”, que tradicionalmente levamos a cabo no noso centro nestas datas, en colaboración coa Asociación San Vicente de Paúl. Todos os alimentos os almacenamos ...

O IES Poeta Díaz Castro e a súa biodiversidade

09. Xaneiro 2022
Desde o pasado mes de novembro, o alumnado de 1º de ESO do IES está a traballar cos insectos da zona… o propósito é engadir á zona do invernadoiro construído un hotel de insectos. Este proxecto, que nacía como unha iniciativa única, deu en medrar e converteuse nunha cadea de hoteis de insectos, con sede ...

MURAL QUIROGA NA RIBEIRA SACRA

17. Decembro 2021
O alumnado do colexio aprende a ubicar Quiroga dentro da extensa comarca da Ribeira Sacra, a través deste gran mural que colgamos no descanso das escaleiras de acceso ao 1º andar.           

PODCAST: TERROR NA RIBEIRA SACRA

16. Decembro 2021
Presentámosvos un podcast composto por contos terroríficos que se desenvolven el lugares da Ribeira Sacra e que foron creados polos nenos e nenas do CEIP. Podedes escoitalos no seguinte enlace:

VISITA AO MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA

16. Decembro 2021
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga. Alí foron recibidos por Ramón Vila, director do museo, que lles explicou de xeito moi didáctico a historia xeolóxica do Xeoparque Montañas de Courel. Moitas grazas a Ramón que sabe espertar como ninguén o interese dos nenos e nenas! Sen dúbida ...

COÑECENDO AS ÁRBORES DA RIBEIRA SACRA

16. Decembro 2021
Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA. Este é o título do proxecto documental do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa. O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha ...

VISITA A MARGARIDE. Proxecto: Quiroga na Ribeira Sacra

16. Decembro 2021
O venres, día 19 de novembro, os alumnos e alumnas de sexto viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas de Quiroga que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración ...