Preparando proxecto no Museo de Belas Artes de Coruña

14. Decembro 2023
Preparando proxecto no Museo de Belas Artes de  Coruña
Nestes primeiros meses, dende o IES Miraflores de Oleiros, estivemos preparando o plan de traballo para poñer en práctica ao longo do segundo e terceiro trimestre. Queremos implicar a boa parte do alumnado do centro neste proxecto dende a materia de Eduacción Plástica Visual e Audiovisual axudadas pola implicación  directa co Museo de Belas Artes ...

Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra

“Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra” é un proxecto no que o alumnado de 3º ESO e do Ciclo Superior de Turismo están a traballar no presente curso 2022-2023. Empezamos a traballar polo mes de novembro facendo unha enquisa moi sinxeliña sobre as alvarizas (“Sabes que é unha alvariza? “De ser afirmativa a túa ...

Obradoiro sobre Educación Patrimonial

A partires da nosa Expo, reflexionamos sobre as razóns para conservar e difundir o noso patrimonio. Tamén aprendemos a afrontar situacións distintas cando presentamos o noso material ao resto. Moi interesante. Con esta actividade damos por rematado o proxecto. Toda a información do mesmo nesta ligazón.  

Visitas formativas ao Museo das Peregrinacións

Para preparar a nosa exposición visitamos a sede administrativa do Museo das Peregrinacións e de Santiago na Casa Gótica e a zona expositiva da Praza de Praterías. Un autentico luxo contar con todo o persoal do museo explicándonos as distintas partes do traballo expositivo e de conservación do noso patrimonio. Tamén aprendemos máis sobre o ...

Comezamos a deseñar a ExpoCardume

30. Setembro 2021
Durante este curso pretendemos aprender máis sobre o noso patrimonio e como conservalo e expoñelo. Durante o pasado curso inauguramos o Espazo Pendelouque, un humilde recuncho expositivo etnográfico e arqueolóxico con pezas na súa maioría pertencentes ao historiador Manuel Pazos e en colaboración co Concello de Oroso. Chamámoslle así porque unhas das pezas máis recoñecibles ...