OBRADOIRO DE MARIONETAS DE PAPEL NA BAÑA


O pasado venres 15 de abril puidemos gozar na Baña da VI Maratón de contacontos e co Obradoiro de marionetas de papel de Viravolta títeres na Casa da cultura.
Pequenos e pequenas, acompañados/as das súas familias descubriron o que a imaxinación pode facer, xunto cunha dose de boa interpretación para que os contos estén cheos de vida.
Achegamos a papiroflexia a menores e familias. A imaxinación flúe acompañada duns folios de cores, pegamento e unhas tesoiras para que puideran crear a súa propia marioneta de cores.
Foi unha tarde na que estivemos rodeados/as de cultura, xogo e aprendizaxe.




