Cantacontos na ALM de Areas (Ponteareas) con Raquel Galavís
No día de onte, martes 24 de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, visitounos Raquel Galavís a Axencia de Lectura Municipal de Areas co Cantacontos. Unhas 25 persoas entre nenos e adultos disfrutamos desta actividade de dinamización con contos, música, danza… Soñamos, cantamos e bailamos acompañados polo guitarrista Juan, o seu compañeiro. Raquel púxonos en movemento coas mans, cos pés e o final con todo o noso corpo. Ao final os pais e eu, a bibliotecaria, rematamos sendo nós como se fósemos Raquel (proposta que nos fixo ela) cantando e bailando, facendo nós o espectáculo para os nenos e para Raquel. Pasámolo todos xenial. Foi unha actividade que resultou moi entretida, moi motivadora e participativa.
Grazas a todos por achegarse ata a axencia de lectura e por participar connosco.





