Manoele de Felisa na Biblioteca Fórum
Onte, na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña, grandes e pequenos desfrutaron da poesía a través das interpretacións musicais do cantautor galego Manoele de Felisa. Durante a actividade musicalizou textos de obras como Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, e Canta a lúa coas estrelas, con poemas de Rosalía Morlán aos que el mesmo lles puxera música no CD que acompaña o libro.
A actividade estaba incluída no Ciclo temático “De acordes“, a mostra bibliográfica relacionada coa música que temos na Biblioteca Fórum ata o 30 de xuño.