Na B.P.M. de Mondariz estivemos “COAS MANS NA MASA”

Na biblioteca de Mondariz os nen@s pasárono estupendamente coas aventuras de Maruxa e Pepiño e as súas rifas por facer pan. A posibilidade de moldear os personaxes con masa de pan e despois pintalos foi todo un descubrimento para eles. Unha actividade moi divertida da man de OQO editora




