A maxia dos contos na Biblioteca de Riotorto
O pasado 27 de xuño visitounos na Biblioteca de Riotorto, Manuel Solla Barragáns, co seu espectáculo “A Maxia dos Contos”.
Os nenos e nenas que acudiron disfrutaron deste espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques e adiviñas no cal houbo participación do público de forma moi divertida.
O contacontos introduciunos no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantásticos que nela habitan.




