Como axudo a Antón? de Biosbardos na BPM do Grilo-Cacheiras
O venres 19 recibimos na BPM do Grilo-Cacheiras a visita de Biosbardos co seu espectáculo Cómo axudo a Antón?. É un contacontos sobre o bulling, que se desenrola en dúas partes, unha primeira onde contan a historia, e unha segunda cun pequeno debate sobre o tema,onde os nenos califican o comportamento das persoaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que reparten, e entre todos intentan correxir os feitos que non lles gustan. É un espectáculo moi participativo e que tivo moi boa acollida de pequenos e grandes