“OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA” na BPM de Paradela
O martes, 23 de Xullo visitáron a biblioteca de Paradela, Ían & Elisa cunha actividade moi divertida. Un obradoiro de globos, que mesturou maxia, música, inglés e moita diversión.
Os nosos nenos e nenas aprenderon a facer un montón de obxetos e animais con globos (sombreiros, espadas, cans, …), parece sinxelo pero sen as explicacións e a axuda de Ían & Elisa seguro que os resultados non serían os mesmos.
Pasámolo xenial!!